O alumnado de Xove entrevista ao presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. A entrevista realizouse ao finalizar o curso 2015/16 grazas á xentileza do presidente da RAG e á colaboración do noso compañeiro Roi.
O CURSO XA ESTA POR ACABAR!!!
En nada comezan as vacacións, que gañas verdade??
hoxe queriavos deixar por aqui os resultados do concurso de fotografía "O Pais da Auga":
primeiro premio: Lara Míguez (3º E.S.O.)
segundo premio: Andrea Laza (3º E.S.O.)
teceiros premios: Ángel Otero (1º E.S.O.) e Wendy Vilchéz (4º E.S.O.)
Noraboa a os gañadorxs!!!
Pode
participar neste concurso todo o alumnado da ESO do IES Illa
de Sarón.
Cada
persoa participante deberá presentar unha única fotografía que
terá como temáticaa auga.
O arquivo da fotografía debe
incluír o nome, apelidos e curso do participante. Exemplo:
nome-apelidos-1eso.jpg
Prazo
e procedemento de entrega dos traballos:
O
prazo de entrega dos traballos son os seguintes; para 1º, 3º e 4º
da ESO o día 29 de abril; para o alumnado de 2º da ESO o 6 de maio.
O
procedemento para entregar os traballos será subilos á unha nube.
O arquivo da fotografía entregada levará o nome e apelidos do
autor/a.
Actividades
relacionadas co concurso:
Os
traballos fotográficos entregados serán impresos e con eles
realizarase unha exposición no centro. Se é posible,
posteriormente, levaremos esta exposición ó salón de actos de
Xove para que toda a vila poida desfrutar das fotografías.
Organizarase
unha votación na que participe todo alumnado. Os autores/autoras
das fotografías que acaden maior puntuación serán agasallados cun
diploma honorífico e a impresión da súa fotografía en tamaño
grande.
Moi boas tardes amig@s!
Hoxe, tarde de domingo, mergullándome pola internet atopei un blogue moi interesante e que nos pode resultar unha ferramenta moi útil para todos os que estudamos Lingua Galega e Literatura na ESO ou Bachalerato, xa que posúe información de distintos temas, recursos de lingua e sociedade, materiais para a aula, algunhas presentacións que nos poden axudar para estudar contidos e música galega.
Dende logo pareceume un blogue moi completo e bastante útil!
Non
volvas quedar mal coa túa xente ó tentar falar galego!
Conxuga
automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua
galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas
súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os
irregulares..
Software
100% feito en Galicia!
mércores, 30 de marzo de 2016
MANUEL MARÍA: LETRAS GALEGAS 2016
Graffiti conmemorativo realizado polo alumnado de FP Básica no patio do instituto.
sábado, 26 de marzo de 2016
Boaaaaas!!!
Argallando polo YouTube atopei a conta duns rapaces da Coruña, que me chamou moito a atencion, e particularmente gustoume moito. Eles fanse chamar Queer Avengers, e fálannos de...mellor botádelle un olliño!! https://www.youtube.com/channel/UCHU61MUOlvFXXDn8N04D8CQ
venres, 18 de marzo de 2016
Enquisa de Saúl, Paula e Uxío.
As películas que cren que son as máis importantes na historia do cine para os alumnos de 3º e 4º son:
-Avatar -Titanic -Os vingadores -A guerra das galaxias -E.T. -Piratas do Caribe -O padriño -Rocky -Spartacus
Películas que máis lles gustan:
-Vaia par de polis -Parker -Querido John -Os xogos da fame -Ocho apellidos vascos -Creed. Alenda de Rocky -Marte -Pixels -Ice age
Películas en galego:
-A esmorga -O lapis do carpinteiro -A lingua das bolboretas
Como podemos ver na enquisa destacan sobre todo películas americanas traducidas ao español, como por exemplo, Pixels e Rocky.
Chegamos á conclusión de que o cine destaca sobre todo en América e que o cine en galego é dos menos coñecidos.
As mulleres resistimos e loitamos, porque non somos nin putas nin sumisas, so REBELDES! Bo 8 de marzo a todxs!! #8DeMarzoTodosOsDias
luns, 7 de marzo de 2016
Moooi boas noites!
Estamos en época de exames, esgotados de estudar e desexando unhas vacacións...asi que, que mellor para desconectar que un pouco de música dunha artistaza galega como é SÉS!
Podedes seguila en instagram na súa conta oficial: @MARIAXOSESILVAR
Boas, meus!!!
Algo moi pero que moi gordo está a acontecer nos muros do IES Illa de Sarón. Nun par de días adiantarémosvos máis, polo de agora é un segredo. Ides alucinar, estamos feitos uns artistas!!!
Hoxe déixovos por aquí unha canción de Hard GZ e de Arce (uns artistazos galegos que me gustan moito) que atopei entre as "reliquias" da miña lista de reprodución, espero que vos guste!!! https://www.youtube.com/watch?v=ivuKmfW-6JQ
Moi boas noites rapaces e rapazas!!! Eu chámome Isa, son alumna do I.E.S Illa de Sarón, e estou encantadísima de poder colaborar neste blogue. Ao igual que as miñas compañeiras, eu tamén formo parte do Grupo de Normalización Lingüística.
Espero que todo o que comparta con vós, xa sexan fotografías, información, música e etc, sexa do voso agrado! :)
A comedia interpretada por Touriñan, David Amor e Ledicia Solá, chega ao teatro de Burela o vindeiro 4 de marzo!!! Aqui vos deixo o "trailer"!!! https://www.youtube.com/watch?v=KoxDyxY6aD4
Sumámonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) de reivindicar a data de nacemento da escritora como Día de Rosalía de Castro e envíamos masivamente ás redes sociais estes versos de Cantares gallegos:
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
martes, 23 de febreiro de 2016
Boas,
eu son Alba e son colaboradora no grupo de normalización lingüística
do IES Illa de Sarón no bloge Mellor en galego!
Co
tempo publicaremos cousiñas ( imaxes, vídeos, textos, enlaces, etc).
BENVIDOS!!!
luns, 22 de febreiro de 2016
Boas! Eu chámome Andrea, e vou colaborar no blogue de Normalización Lingüistica a miúdo. Son alumna do IES Illa de Sarón. Gústame moito ler, a fotografía, a música e debuxar ou pintar. Agora que xa sabedes algo máis de min, imos aló! Benvidos!!
Como vén sendo habitual nos últimos anos, o 4 de novembro denunciamos a marxinación do galego nas materias científicas, conmemorando oVI Día da Ciencia enGalego, unha xornada que naceu para reivindicar o dereito a gozar da ciencia na nosa lingua. Este ano o protagonista da videoconferencia que organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega foi o profesor Xurxo Mariño e o cerebro humano.
Como todos os anos a finais de outubro celebramos o Samaín no centro: tivemos unha exposición de lecturas para tremer de medo, concurso de cabazas, e festival no pavillón.
Este espazo colaborativo nace coa intención de difundir as actividades de dinamización e normalización do galego levadas a cabo no IES, mais tamén para divulgar e pór en valor todo o relacionado coa nosa lingua. Agardamos que resulte de interese e que vos animedes a participar.