Como vén sendo habitual nos últimos anos, o 4 de novembro denunciamos a marxinación do galego nas materias científicas, conmemorando o VI Día da Ciencia en Galego, unha xornada que naceu para reivindicar o dereito a gozar da ciencia na nosa lingua. Este ano o protagonista da videoconferencia que organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega foi o profesor Xurxo Mariño e o cerebro humano.
xoves, 14 de xaneiro de 2016
O SAMAÍN
Como todos os anos a finais de outubro celebramos o Samaín no centro: tivemos unha exposición de lecturas para tremer de medo, concurso de cabazas, e festival no pavillón.
![]() |
| Lecturas de terror |
![]() |
| As cabazas do concurso |
![]() |
| A cabaza gañadora de Xerome |
O NOSO BLOG
Este espazo colaborativo nace coa intención de difundir as actividades de dinamización e normalización do galego levadas a cabo no IES, mais tamén para divulgar e pór en valor todo o relacionado coa nosa lingua. Agardamos que resulte de interese e que vos animedes a participar.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






