venres, 26 de febreiro de 2016

Moi boas noites rapaces e rapazas!!! Eu chámome Isa, son alumna do I.E.S Illa de Sarón, e estou encantadísima de poder colaborar neste blogue. Ao igual que as miñas compañeiras, eu tamén formo parte do Grupo de Normalización Lingüística. 
Espero que todo o que comparta con vós, xa sexan fotografías, información, música e etc, sexa do voso agrado! :)
Moitísimas grazas pola vosa pequena atención.

Un saúdo! 

NOVAS FERRAMENTAS PARA O GALEGO NA REDE





O dicionario máis completo da lingua galega.

http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php





O portal web de preguntas e respostas colaborativas en galego.


xoves, 25 de febreiro de 2016

"Amigos ata a morte", outro enfoque ao teatro.

A comedia interpretada por Touriñan, David Amor e Ledicia Solá, chega ao teatro de Burela o vindeiro 4 de marzo!!!
Aqui vos deixo o "trailer"!!! https://www.youtube.com/watch?v=KoxDyxY6aD4 


mércores, 24 de febreiro de 2016

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


 
 #mobilizarosalía



Sumámonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) de reivindicar a data de nacemento da escritora como Día de Rosalía de Castro e envíamos masivamente ás redes sociais estes versos de Cantares gallegos


Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

martes, 23 de febreiro de 2016

Boas, eu son Alba e son colaboradora no grupo de normalización lingüística do IES Illa de Sarón no bloge Mellor en galego!
Co tempo publicaremos cousiñas ( imaxes, vídeos, textos, enlaces, etc). BENVIDOS!!!

luns, 22 de febreiro de 2016

Boas! 
Eu chámome Andrea, e vou colaborar no blogue de Normalización Lingüistica a miúdo. Son alumna do IES Illa de Sarón. Gústame moito ler, a fotografía, a música e debuxar ou pintar.
Agora que xa sabedes algo máis de min, imos aló! Benvidos!!