mércores, 13 de abril de 2016
xoves, 7 de abril de 2016
EXPOSICIÓN-CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO IES ILLA DE SARÓN: “O PAÍS DA AUGA”
EXPOSICIÓN-CONCURSO
DE FOTOGRAFÍA
“O
PAÍS DA AUGA”
Bases:
-
Pode participar neste concurso todo o alumnado da ESO do IES Illa de Sarón.
- Cada
persoa participante deberá presentar unha única fotografía que
terá como temática a auga. O arquivo da fotografía debe incluír o nome, apelidos e curso do participante. Exemplo:nome-apelidos-1eso.jpg
Prazo
e procedemento de entrega dos traballos:
-
O prazo de entrega dos traballos son os seguintes; para 1º, 3º e 4º da ESO o día 29 de abril; para o alumnado de 2º da ESO o 6 de maio.
-
O procedemento para entregar os traballos será subilos á unha nube. O arquivo da fotografía entregada levará o nome e apelidos do autor/a.
Actividades
relacionadas co concurso:
-
Os traballos fotográficos entregados serán impresos e con eles realizarase unha exposición no centro. Se é posible, posteriormente, levaremos esta exposición ó salón de actos de Xove para que toda a vila poida desfrutar das fotografías.
-
Organizarase unha votación na que participe todo alumnado. Os autores/autoras das fotografías que acaden maior puntuación serán agasallados cun diploma honorífico e a impresión da súa fotografía en tamaño grande.
domingo, 3 de abril de 2016
Caderno de Lingua
Moi boas tardes amig@s!
Hoxe, tarde de domingo, mergullándome pola internet atopei un blogue moi interesante e que nos pode resultar unha ferramenta moi útil para todos os que estudamos Lingua Galega e Literatura na ESO ou Bachalerato, xa que posúe información de distintos temas, recursos de lingua e sociedade, materiais para a aula, algunhas presentacións que nos poden axudar para estudar contidos e música galega.
Dende logo pareceume un blogue moi completo e bastante útil!
Aquí vos deixo o enlace: https://cadernodelingua.wordpress.com/

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)