xoves, 31 de marzo de 2016

O CONXUGADOR DE VERBOS PARA O MÓBIL

Para tod@s  @s que andades a voltas cos verbos, seguro que vos resulta útil esta aplicación para iOs e Android.

Dispoñible en: http://smartgalapps.com/gl/proyectos/conxugalego



Non volvas quedar mal coa túa xente ó tentar falar galego!
Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os irregulares..

Software 100% feito en Galicia!

mércores, 30 de marzo de 2016

MANUEL MARÍA: LETRAS GALEGAS 2016
Graffiti conmemorativo realizado polo alumnado de FP Básica no patio do instituto.

sábado, 26 de marzo de 2016

Boaaaaas!!!
Argallando polo YouTube atopei a conta duns rapaces da Coruña, que me chamou moito a atencion, e particularmente gustoume moito. Eles fanse chamar Queer Avengers, e fálannos de...mellor botádelle un olliño!!
https://www.youtube.com/channel/UCHU61MUOlvFXXDn8N04D8CQ

venres, 18 de marzo de 2016

Enquisa de Saúl, Paula e Uxío.

As películas que cren que son as máis importantes na historia do cine para os alumnos de 3º e 4º son:

-Avatar
-Titanic
-Os vingadores
-A guerra das galaxias
-E.T.
-Piratas do Caribe
-O padriño
-Rocky
-Spartacus



Películas que máis lles gustan:

-Vaia par de polis
-Parker
-Querido John
-Os xogos da fame
-Ocho apellidos vascos
-Creed. Alenda de Rocky
-Marte
-Pixels
-Ice age


Películas en galego:

-A esmorga
-O lapis do carpinteiro
-A lingua das bolboretas


Como podemos ver na enquisa destacan sobre todo películas americanas traducidas ao español, como por exemplo, Pixels e Rocky.
Chegamos á conclusión de que o cine destaca sobre todo en América e que o cine en galego é dos menos coñecidos.

martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO; DÍA DA MULLER

As mulleres resistimos e loitamos, porque non somos nin putas nin sumisas, so REBELDES!
Bo 8 de marzo a todxs!! #8DeMarzoTodosOsDias

luns, 7 de marzo de 2016

Moooi boas noites! 
Estamos en época de exames, esgotados de estudar e desexando unhas vacacións...asi que, que mellor para desconectar que un pouco de música dunha artistaza galega como é SÉS! 
Podedes seguila en instagram na súa conta oficial: @MARIAXOSESILVAR

https://www.youtube.com/watch?v=aB6bcT_YvUo&list=RDaB6bcT_YvUo&index=1

xoves, 3 de marzo de 2016

Algo esta a acontecer!!!!

Boas, meus!!!
Algo moi pero que moi gordo está a acontecer nos muros do IES Illa de Sarón. Nun par de días adiantarémosvos máis, polo de agora é un segredo. Ides alucinar, estamos feitos uns artistas!!!
Hoxe déixovos por aquí unha canción de Hard GZ e de Arce (uns artistazos galegos que me gustan moito) que atopei entre as "reliquias" da miña lista de reprodución, espero que vos guste!!! https://www.youtube.com/watch?v=ivuKmfW-6JQ