xoves, 7 de abril de 2016

EXPOSICIÓN-CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO IES ILLA DE SARÓN: “O PAÍS DA AUGA”


EXPOSICIÓN-CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O PAÍS DA AUGA”

 


Bases:

  • Pode participar neste concurso todo o alumnado da ESO do  IES Illa de Sarón.

  • Cada persoa participante deberá presentar unha única fotografía que terá como temática a auga

    O arquivo da fotografía debe incluír o nome, apelidos e curso do participante. Exemplo:
    nome-apelidos-1eso.jpg


Prazo e procedemento de entrega dos traballos:

  • O prazo de entrega dos traballos son os seguintes; para 1º, 3º e 4º da ESO o día 29 de abril; para o alumnado de 2º da ESO o 6 de maio.
  • O procedemento para entregar os traballos será subilos á unha nube. O arquivo da fotografía entregada levará o nome e apelidos do autor/a.
Actividades relacionadas co concurso:

  • Os traballos fotográficos entregados serán impresos e con eles realizarase unha exposición no centro. Se é posible, posteriormente, levaremos esta exposición ó salón de actos de Xove para que toda a vila poida desfrutar das fotografías.
  • Organizarase unha votación na que participe todo alumnado. Os autores/autoras das fotografías que acaden maior puntuación serán agasallados cun diploma honorífico e a impresión da súa fotografía en tamaño grande.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.